Liberado o mariñeiro Pablo Costas e toda a tripulación do ‘Cobija’. Só o pobo salva o pobo!

Despois de máis de once meses secuestrado dentro do ‘Cobija’ no porto de Al Mukallah, no Iemen, o mariñeiro de Bueu Pablo Costas Villar foi liberado con toda a tripulación do barco. A situación que atravesaron foi completamente inhumana: un total desamparo legal ante unha acusación de pesca ilegal, fechados nun barco ateigado de ratas e cascudas onde teñen que pasar o seu día a día desde setembro do ano pasado e unha carencia de alimentos que pon en risco a vida destes traballadores. Todo isto nun país inmerso nunha terríbel guerra civil e coa empresa armadora desentendéndose da sua sorte.

A esta situación extrema chegouse tamén coa complicidade do Ministerio español de Asuntos Exteriores, que durante meses non ofreceu ningunha solución. Por todo isto, a mobilización e a unidade popular foi imprescindíbel para conseguir que as administracións se movesen e Pablo Costas volte por fin para a casa.

A loita pola repatriación de Pablo é tamén a loita pola liberdade de todos os tripulantes do ‘Cobija’, de diversas nacionalidades. Todos eles son traballadores que levan a súa vida no mar e que ante unha situación infrahumana de abuso víronse desamparados polas autoridades que se supón deberan velar polos seus dereitos.

Nas últimas semanas a vila de Bueu foi o escenario das protestas que reivindicaban a liberdade de Pablo. No pasado 21 de agosto repartíanse pola vila cartaces e panfletos informativos, e neste sábado 28 de agosto centos de persoas concentrábanse diante da Casa do Concello de Bueu para esixir o seu regreso.

A boa nova non demorou en chegar, e por fin Pablo e o resto da tripulación abandonan o ‘Cobija’ e emprenden camiño cara aos seus lugares de orixe.

Benvido a casa, Pablo!

Só o pobo salva o pobo!

Noticia publicada en la web del CUT (Central Unitaria de Trabajadores de Galicia) https://cutgaliza.org/

 

Noticias relacionadas

APOYO A LA CUT-1

Pablo Costas, marinero gallego, secuestrado desde hace 10 meses en Yemen.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: