Galicia. CUT querélase no Supremo por prevaricación contra Grande Marlaska e a Subdelegación de Pontevedra por denegación arbitraria da súa manifestación

O sindicato acaba de presentar querela criminal no Tribunal Supremo ao considerar que a denegación da súa manifestación do 1º de maio e a posterior autorización á ultradereita de caravanas idénticas constitúe un acto de prevaricación.

Grande Marlaska e a Subdelegación do Goberno de Pontevedra son responsábeis de privar á nosa entidade do seu dereito a manifestarse e autorizar pola contra a VOX en función dos intereses electorais do goberno de coalición.

A CUT presentou hai escasos minutos unha querela criminal no Tribunal Supremo polo delito de prevaricación contra o Ministro do Interior, Grande Marlaska e a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Larriba García. En dita acción penal o sindicato insiste en que as autoridades quereladas prohibiron a caravana de manifestación do Día Internacional da Clase Obreira e, nas mesmas condicións e baixo o mesmo estado de alarma, autorizou as caravanas en territorio das elites homófobas, racistas e xenófobas organizadas en VOX, en función de meros cálculos electorais do Goberno de coalición.

as autoridades quereladas prohibiron a caravana de manifestación do Día Internacional da Clase Obreira e, nas mesmas condicións e baixo o mesmo estado de alarma, autorizou as caravanas en territorio das elites homófobas, racistas e xenófobas organizadas en VOX

A pesar das escusas coas que o Ministerio do Interior autoriza as mobilizacións da ultradereita, a caravana da CUT prohibiuse baixo o exclusivo argumento de que o artigo 7 do Real Decreto polo que se declara o estado de alarma impide desprazarse en vehículo para manifestarse. Sintomaticamente ese impedimento aducido por Interior segue vixente no momento en que se autorizaron os desprazamentos para as manifestacións do pasado sábado 23 de maio.

O sindicato considera que este comportamento administrativo responde aos intereses electorais do goberno de coalición, que mentres califica de disfuncional e electoralmente prexudicial a celebración dunha manifestación obreira que denuncie as condicións de miseria e a connivencia do Goberno coa CEOE para políticas de exterminio do emprego e dos dereitos laborais, considera electoralmente útil aos seus intereses fomentar as manifestacións da ultradereita, ao fin de presentar o xiro do goberno PSOE-UP á moderación como unha resposta responsable.

Esta discriminación arbitraria por motivos ideolóxicos e electorais non resulta en absoluto comprensíbel en dereito xa que a Administración non é propiedade privada do goberno de quenda, e moito menos se pode tolerar que o dereito de manifestación se use como moeda de cambio. A CUT solicítalle ao Tribunal Supremo polo carácter de aforado de Grande Marlaska que determine se esa discrecionalidade e desviación de poder da administración pode constituir un delicto de prevaricación ou de deliberado impedimento do exercicio de dereitos fundamentais, así como que estableza se a autoría de tal decisión é do Ministerio do Interior ou da Subdelegación do Goberno.

Esta discriminación arbitraria por motivos ideolóxicos e electorais non resulta en absoluto comprensíbel en dereito xa que a Administración non é propiedade privada do goberno de quenda, e moito menos se pode tolerar que o dereito de manifestación se use como moeda de cambio.

Os dereitos fundamentais non son un dispositivo electoral, e non poden ser utilizados en función dos intereses do goberno de quenda. A central sindical recorda que o dereito de manifestación non está suspendido no Estado de Alarma e que o impedimento das manifestacións do 1º de maio tiña un carácter meramente político que agora se está a demostrar, cando ao goberno si lle interesa deixar desfilar ás elites do fascismo español, que copiaron o seu modelo de caravana reivindicativa. A querela criminal presentada contra o Ministro do Interior e a Subdelegada do Goberno ten por obxectivo que o Tribunal Supremo interveña ante a prohibición arbitraria de dereitos .

Next Post

Zaragoza. Gran manifestación por la sanidad pública. Privatizar mata.

Mar May 26 , 2020
Share on Facebook Tweet it Email Share on Facebook Tweet it Email Pin it Email https://intersindicalaragon.org/2020/05/26/galicia-cut-querelase-no-supremo-por-prevaricacion-contra-grande-marlaska-e-a-subdelegacion-de-pontevedra-por-denegacion-arbitraria-da-sua-manifestacion/#MS5qcGc= Comunicado Plataforma contra la Privatización de la Sanidad de Aragón: Hacia una gran manifestación por la sanidad Pública Ayer lunes 25 de mayo de 2020 en reunión extraordinaria y urgente, la Plataforma contra la […]
A %d blogueros les gusta esto: