CUT recorre ante o TSXG a decisión de prohibir a manifestación do 1 de Maio

O sindicato recorre ante o TSXG a decisión da Subdelegación do Goberno de prohibir tácitamente a caravana, xa que a Central  entende que o estado de alarma non suspende o dereito de manifestación

Publicado en la web del sindicato CUT de Galicia

A Central Unitaria de Traballadoras ten previsto conmemorar este 1º de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, cunha manifestación que se desenvolverá por medio dunha caravana de coches que percorrerá as principais rúas de Vigo.

Este inusual formato para celebrar a data máis importante no calendario anual do movemento obreiro obedece á necesidade de conxugar o dereito de manifestación coa adopción de medidas extremas de protección que baixo ningunha condición incrementen o risco sanitario. Neste sentido, o sindicato preveu unha manifestación ordeada e organizada onde se contemplan medidas relativas á utilización de máscaras e luvas no interior dos vehículos, así como a prohibición de sair dos mesmos.

A manifestación comezará ás 11 horas do vindeiro venres 1 de maio na Praza de España para rematar contra as 12 e media diante do edificio da Xunta de Galicia, percorrendo as rúas de Gran Vía en dirección Travesas, a Avenida de Castelao ata o barrio de Navia, Bouzas, Orillamar, Rúa Coruña, Gran Vía, Pizarro, Buenos Aires, Sanjurjo Badía e Arenal, para finalizar en Concepción Arenal.

A Subdelegación do Goberno de Pontevedra recibiu este pasado luns 20 de abril a comunicación preceptiva desta manifestación por parte do sindicato, na que se argumentaba que, malia o estado de alarma, non se encontra en suspensión ningún dos dereitos fundamentais, polo que a CUT entende que é posible manifestarse, quedando o sindicato a disposición da Subdelegación por se esta ou as autoridades sanitarias querían achegar algún tipo de indicación.

A Subdelegada do Goberno limítase a dicir na resposta que lle enviou onte ao sindicato que, na situación actual, “non pode trasladar un criterio sobre esta celebración e, menos aínda, avaliar a repercusión que, sobre as alteracións de orde pública ou doutra natureza….puidera ter o desenvolvemento da referida manifestación”, para concluir que o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, “non contempla, entre as actividades excepcionadas da limitación xeral para circular, os desprazamentos coa finalidade exposta na súa comunicación”.

A CUT vai recorrer hoxe ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) a decision da Subdelegación do Goberno e só celebrará a manifestación se o Tribunal se pronuncia a favor do mantemento da mesma.

Para o sindicato resultaría aberrante e extremadamente grave que se prohibise esta caravana de coches perfectamente organizada cando estamos asistindo a cotío ás que celebran as forzas de seguridade ou as ambulancias para conmemorar aniversarios infantís ou de figuras como Amancio Ortega.

Next Post

Intersindical de Aragón-co.bas recurre la decisión de prohibición de la manifestación con vehículos del 1º de Mayo de 2020

Vie Abr 24 , 2020
Share on Facebook Tweet it Email Share on Facebook Tweet it Email Nota de prensa Intersindical de Aragón-co.bas (IA-co.bas), decidió organizar manifestación para el próximo 1º de Mayo, reivindicando el día internacional de la clase obrera. Siempre hemos querido que este día fuera un día de lucha y de reivindicación, […]
A %d blogueros les gusta esto: